Terraza e Exteriores

Casa Estarque está integrada nunha finca á que se accede por un camiño cuberto de vides. No interior da propiedade pódese gozar do noso xardín, cunha zona arborada (principalmente cerdeiras), da nosa horta e dun aparcadoiro privado. Ademais da ampla terraza con mesas e cadeiras onde gozar dos días de sol e da panorámica da vila. No mesmo recinto temos un hórreo centenario.