Velaí tedes tres das estancias principais da nosa casa: a biblioteca, o salón comedor e a cociña, Mantendo a distribución tradicional dos espazos e a pedra distintiva de Galicia, estas estancias trasmiten un ambiente especial, ideal para o disfrutar do tempo de lecer.
BIBLIOTECA
Acolledora biblioteca con chimenea, mesa de xogos e butacas reclinables.
SALÓN COMEDOR
Amplísimo salón comedor con dous ambientes: de lectura e xantar, cunha extensa oferta literaria (incluida xuvenil e infantil), cómodo tresillo e mesa extensible de 10 prazas para disfrutar das sobremesas entre familia e amigos.
COCIÑA
A cociña é unha dos lugares centráis das casas tradicionais do rural de Galicia a nosa está 100% equipada para o uso dos hóspedes. Neveira, forno, vitrocerámica, microondas, lavavaixelas e lavadora así como, todos os enseres: vaixela, cubertería, cristalería, olas, sarténs, etc. coas mellores calidades para que vos sintades como na casa.