As Habitacións

En CASA ESTARQUE ofrecemos turismo de calidade nas Rías Baixas. Presentámosche o lugar perfecto para descansar despois de facer unha etapa do Camiño de Santiago, unha ruta de sendeirismo pola Serra do Galiñeiro, pasar unha tarde de praia en familia ou buscar inspiración… Aquí tedes algunhas fotos das nosas amplos habitacións. con baño privado e todos os servizos para a túa comodidade: wifi gratuíto, aparcamento,… non te perdas nin un detalle!

GALERÍA

Habitación dobre con cama de 150 cm, baño privado con bañeira, armario e cómoda. O principal atractivo desta sala é a galería con vistas panorámicas, que lle dá nome.

BALCÓN

Habitación dobre moi grande con cama de 150 cm (con posibilidade de instalar unha cama extra de 90 cm) con baño privado con bañeira e armario. Esta habitación ten un balcón con vistas á terraza soleada.

HÓRREO

Habitación dobre con dúas camas de 90 cm, baño privado con bañeira e armario. Vistas do centenario Hórreo.

EIRA

Habitación dobre con cama de 150 cm, baño privado con bañeira e armario.

ÁTICO

Sen dúbida unha das salas estrela da Casa. O faiado conta con dúas habitacións dobres, unha cunha cama de 150 cm e outra con dúas camas de 90 cm, un baño con bañeira e unha sala de estar con sofá e escritorio privados, un espazo ideal para acadar o nivel de tranquilidade necesario para conseguir a inspiración.